Pestañas

Como organizar o meu traballo de clase?


Pola noite, antes de deitarme, preparo a mochila co material que necesito para o día seguinte (non encho a mochila con cousas que non vou necesitar). Para iso, consulto o horario que teño na axenda.

Na clase, debo atender ás explicacións de Chus e Dani, sen distraerme, e facer todos os exercicios que me propoñen, sen perder o tempo.


Cando chego á casa, debo estudar o que se explicou. Isto servirame para non esquecer o que aprendemos na aula. Dedícalle, polo tanto, todos os días un anaquiño a repasar as cousas que se explicaron do libro, caderno ou dos teus apuntamentos. É moito máis doado estudar algo que me acaban de explicar ese mesmo día que facelo despois de varios días ou mesmo semanas, xa que nese momento teralo todo esquecido.

Ademais, debes revisar os teus cadernos para comprobar que tes todo feito; se che falta algo, debes completalo.

Lembra que na clase sempre tes o tempo necesario para facer os teus traballos. Se non os rematas, é porque perdiches o tempo que che deron para traballar e, polo tanto, non estás facendo ben o teu labor. Así que isto debe ser unha excepción e non algo habitual.

Xa sabes que, en caso de dúbida, neste blogue tes á túa disposición os vídeos que utilizamos na aula para explicar os contidos do libro, así como xogos, apuntamentos e outro material. Non te esquezas de utilizalos.

SE CONSTANTE NO TEU TRABALLO.
NON DEIXES PARA MAÑÁ O QUE POIDAS FACER HOXE.