Os titores de 3º, Chus e Dani, dámosvos a
benvida a esta nova canle de comunicación.
Mudar de edificio trae moitas novas aventuras,
pero acouga, ningunha delas será perigosa ou con chanzos imposibles de alcanzar.
Queres coñecer a primeira gran novidade? A aquí
a tes, o blog de 3º!
E diredes vós, para que sirve un blog?
Pois para compartir material que vos poida
axudar a repasar en casa as tarefas do colexio. Nesta páxina “subiranse” os
apuntamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, pero tranquilos! estes apuntamentos
tamén volos daremos impresos no colexio.
Haberá moitos vídeos, consellos, material para
os que queiran aprender máis e incluso xogos!
Nas beiras da páxina poderedes atopar enlaces
a páxinas web do colexio que vos van a ser de moito interese e incluso dos
dicionarios máis utilizados por vós.
En definitiva, unha ferramenta estupenda para
seguir aprendendo e crecendo con responsabilidade.
Gardade ben esta páxina porque teredes que recorrer
moito a ela e será a vosa favorita!






