HISTORIA DO SAMAÍN
Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando
a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste
sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto
seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que
sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían
indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións
"máxicas".
Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables
sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en
conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar
alimentos para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes
sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de
pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza".
Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos
mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían
que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en
comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período
non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven
visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do
lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes.
Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos
mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa
intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían
para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus
parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.
Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha
curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus
mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo
repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse
amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar
unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é
famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha
gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non
terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen
levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao
milladoiro.
A LENDA DA CABAZA
Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe
chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que
lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o
cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o
demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero
Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o
deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno
o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha
lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta
lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre.
E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da
lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde
descansar.
Existe outra variante da lenda na que Jack fixo unha broma
ao dia ño; fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco.
A cambio da súa liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E
claro, como fora unha persoa que fixera malas accións, e como o diaño en
vinganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por "aí", vagando
eternamente coa súa lanterna.
A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a
cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a
tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores
características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e
pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis
alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.
Existe tamén a lenda que se recorta a cabaza en forma de
monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se
achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...






